Benvidos! Se estades lendo isto é que déchedes por casualidade ou que estabades interesados en ver que raio era isto do novo blog de Duarte. Pois ben, despois de que que a miña antiga bitácora, Revolta Rockeira, estivera uns seis anos na rede pero sen actualizacións constantes, chega o momento na vida dun xornalista no que ten que abrir un blog serio. E cando digo serio refírome sobre todo á constancia nas actualizacións.
Se queredes saber sobre que temas podedes ler aquí, pois entrade a miudo e xa veredes... Pero así a xeito de avance pódovos dicir que andarán ao redor das cousas que máis me interesan: comunicación, política, cultura, lingua etc.
Unha aperta e grazas por visitardes quebenquedei.blogspot.com !
3 comentários:
Ánimo, acompañareite na nova etapa! Tamén estou a argallar un novo blogue eu, pero compatibilizarei os dous…
Pois xa avisarás que meto o novo tamén no Reader!
Pois na rede está, www.10500km.blogspot.com
Postar um comentário