skip to main | skip to sidebar

27 de set. de 2011

De que vos sorprendedes?


Hoxe a rede andaba tola cunha entrevista que lle facían na BBC a un broker da City de Londres chamado Alessio Rastani. Respondeu cunha crudeza e unha sinceridade tales que os propios presentadores non daban crédito ao que estaba dicindo. De feito, a canle pública británica tivo que investigar si se trataba dun bromista ou dun axente de bolsa real. 


Nos catro minutos escasos que dura o video veunos a dicir que pouco importan os plans de rescate dos gobernos, que quen manda é Goldman Sach e que os inversores dan por perdido o euro. Eles vanse dedicar a sacar o maior beneficio posíbel e anuncia que en 12 meses millóns de persoas van perder os seus aforros. Indignante? Si, pero non achega nada novo. Non hai nada do que sorprenderse. Choca un pouco ver a un especulador falando nunha linguaxe tan clara, pero máis alá disto vai na liña do que vemos todos os días nos xornais. Os poderes públicos gastan tempo e cartos en intentar compracer a xente coma el, sen importar os custes sociais que isto implique. Pola contra, óbvianse todas as alternativas que vaian encamiñadas a intervir o capital financeiro, a nacionalizar a banca e dotar aos estados do suficiente poder para controlar a súa propia economía. Hai que virar as tornas do debate. Pensar nas alternativas que permitan que a saída da crise non vai en contra o cidadán de a pé. Aínda que isto cabree (e moito) a xente como Alessio Rastani. 

3 comentários:

  1. "Os poderes públicos gastan tempo e cartos en intentar compracer a xente coma el..."
    3 anos e pico de economía mundial resumidos nunha frase. E eu que pensaba que tiña capacidade de síntese...
    Xenial, Duarte.

  2. Sobre Rastani, un interesante artigo de Microsiervos:
    http://www.microsiervos.com/archivo/mundoreal/falso-experto-bolsa.html

    En condicións normais diría que é desprestixiar porque tivo as narices de dicir algo tan claro (por min falan sen hipocresía), pero sendo Microsiervos, até me creo que fose un paiaso de circo.
    Unha pena, porque causara sensación

  3. @Manuel: grazas! De calquera xeito, tampouco quería quedar moi reducionista.

    @Outes: o de Microsiervos está baseado nunha nova que saiu no Daily Telegraph. A BBC desmentiuno.

Postar um comentário