tag:blogger.com,1999:blog-81477783721044228282024-03-19T08:35:48.092+01:00QUE BEN QUEDEI......e que pouco me custouDuarte Romero Varelahttp://www.blogger.com/profile/05587166208200946027noreply@blogger.comBlogger31125tag:blogger.com,1999:blog-8147778372104422828.post-25046061718989515272012-05-03T18:29:00.000+02:002012-05-03T18:35:55.303+02:00[Mar por Medio] Eleccións á alcaldía de Londres. Boris vs ‘Red’ Ken: os personaxes

CC BY-NC Lewishamdreamer

O Reino vai de eleccións! Todo? Non, só algunhas localidades. Se o outro día Xabier falou de Escocia, hoxe tócame a min falar de Inglaterra. Concretamente de Londres.

O sistema de goberno municipal que teñen aquí é cousa moi complicada. O aparello de estado é moi vello e herdan estruturas de tempo atrás. E iso nótase no día a día.

Para simplificar, deixémolo en que unha das cousas que van elixir é o alcalde de Londres. Este é un cargo que se creou moi recentemente, no ano 2000 para ser exactos, e desde entón só dúas persoas o ocuparon. O laborista Ken Livingstone nas dúas primeiras lexislaturas, e o conservador Boris Johnson nesta última. E son estes dous os que se baten hoxe outra vez.

Non me gusta caer no bipartidismo, hai máis candidatos, pero é que estes merecen un post. Tanto un coma outro, son dos “personaxes” máis particulares da política do Reino (co permiso de George Galloway), así que ídesme permitir que ignore un pouco aos outros contendentes e vos faga un breve perfil destes dous.

Boris

Boris, só Boris. Así é como o coñecen en Londres. Non é algo moi habitual chamar aos políticos polo nome de pila, pero é que non estamos a falar dun político corrente.

Xa a súa imaxe sorprende. Co pelo sempre enredado, pódelo ver chegar a calquera lado na súa bicicleta e cunha mochila ás costas. En moitas ocasións definírono como “bufón” por mor da súa excentricidade, o seu sentido do humor e as súas saídas de ton.
E que estamos a falar dun home que chegou a dicir que votar aos conservadores facía que “a túa muller tivera os peitos máis grandes” e que aumentaba as posibilidades de “conseguir un BMW M3”. Poderiades pensar que é unha especie de Conde Roa á inglesa, pero coido que ten máis elegancia.

Entrada completa no blog Mar por Medio de Praza PúblicaDuarte Romero Varelahttp://www.blogger.com/profile/05587166208200946027noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-8147778372104422828.post-23196949399065330562012-04-29T23:47:00.000+02:002012-04-29T23:48:09.420+02:00[Mar por medio] Outra volta no escándalo dos medios inglesesAnda a política do Reino revolta. Non sei se lembraredes, pero hai xa un tempo The Guardian sacou á luz un escándalo relacionado coa prensa sensacionalista. Resulta que o tabloide News of the World estivera accedendo ilegalmente a mensaxes de contestador de teléfonos privados, incluídos os dunha menor que fora asasinada nun caso bastante truculento.

E vaia a que se armou! Para comezar pechou o periódico, e iso que era unha cabeceira histórica e a máis lida nas fins de semana. A partir de aí comezouse a cuestionar as relacións entre prensa e poder, xa que este asunto salpicaba tamén a políticos e policías. Os máis prexudicados foron o Partido Conservador e a todopoderosa News Corporation, propiedade do magnate australiano Rupert Murdoch e dona dalgúns dos principais medios do UK: The Sun, The Times, BSkyB ou o propio News of the World.

Continúa no blog Mar por Medio de Praza PúblicaDuarte Romero Varelahttp://www.blogger.com/profile/05587166208200946027noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8147778372104422828.post-778903163453204412012-04-23T17:04:00.006+02:002012-04-23T17:05:55.765+02:00Como elixe a BBC a súa dirección?A British Broadcasting Corporation probabelmente sexa a compañía de radiotelevisión pública máis famosa do mundo. Moitas veces ponse como exemplo de independencia informativa fronte aos gobernos, o que lle dá un grao de credibilidade que soborda as fronteiras do Reino Unido.

Fonte: BBC

Agora que no Estado Español se acaba de modificar o procedemento de elección do presidente de RTVE, paréceme interesante botarlle un ollo a como a BBC elixe a súa dirección.
O principal órgano de goberno da corporación é o Trust, que actualmente está conformado por 12 persoas, incluíndo ao presidente e á vicepresidenta. Enumerar a totalidade das súas funcións sería tedioso e pouco útil, pero si que cómpre destacar unhas cantas:

Representar os intereses dos telespectadores e radioouvintes, que son os que financian a BBC a través dunha taxa

Asegurar a independencia da corporación

Administrar rigorosamente os cartos públicos

Fixar a dirección estratéxica da BBC e aprobar os seus orzamentos

Controlar a actividade do comité executivo, que é quen leva a dirección da cadea no día a día.

Pero como se elixen aos membros do Trust?

Tecnicamente, e seguindo esa parafernalia resesa das monarquías, os membros do Trust da BBC son elixidos pola raíña. Afortunadamente isto é unha formalidade e o proceso é bastante máis aberto e democrático.

Na práctica, a responsabilidade recae no Departamento de Cultura, Medios e Deporte que ten que anunciar publicamente cando queda unha praza vacante no trust.

A BBC fixa uns criterios moi xerais que debe cumprir todo aspirante que queira entrar no seu Trust, ao que hai que sumar a obrigatoriedade de contar con representantes das catro nacións que conforman o Reino.

O proceso de selección ten en conta os méritos dos solicitantes e son avaliados por un tribunal presidido por un alto funcionario do Departamento de Cultura, Medios e Deporte e no que tamén participan un experto independente e o presidente do Trust.

En que se diferencia isto de RTVE?

Pois fundamentalmente na filosofía. Para manter a independencia da súa compañía de radiotelevisión pública, o Reino Unido apostou por profesionalizar o consello de administración e arredalo tanto do goberno como do parlamento.

Pola contra, no Estado Español enténdese que a pluralidade depende de que entidade política nomee os cargos. Considerouse un avance nesta materia que o Consello de Administración de RTVE fose elixido polo congreso, o senado e que se tivesen en conta as propostas dos sindicatos.

Por último, inflúe moito de onde recibe financiamento cada unha das compañías. A BBC está principalmente financiada polos seus espectadores, mentres que RTVE depende exclusivamente das achegas do goberno, sobre todo agora que non se renunciou á publicidade.

Non acredito en copiar e pegar modelos, pero neste tipo de debates, sempre é útil erguer a cabeza e mirar que se fai na nosa contorna para, polo menos, avaliar algunha idea que pode ser útil.Duarte Romero Varelahttp://www.blogger.com/profile/05587166208200946027noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8147778372104422828.post-65200327398102206412012-04-19T21:02:00.011+02:002012-04-24T01:25:30.911+02:00Algúns apuntamentos para a esquerda do século XXIHai xa cousa de dous anos, Ignacio Ramonet escribiu un artigo titulado “Socialdemocracia, fin de ciclo” no que vaticinaba a fin deste movemento político.

As ideas tamén morren. O cemiterio dos partidos políticos soborda de tumbas onde xacen os restos de organizacións que outrora desataron paixóns, moveron a multitudes e hoxe son pasto do esquecemento. Quen se acorda en Europa, por exemplo, do Radicalismo? (...) Que foi do Anarquismo? Ou do Comunismo estaliniano? Que foi daqueles formidábeis movementos populares capaces de mobilizar a millóns de campesiños e obreiros? Que foron senón desatinos?

Polos seus propios abandonos, abxuracións e renuncias, á socialdemocracia europea tócalle hoxe verse arrastrada cara ao sepulcro...O seu ciclo de vida parece rematar.

Máis aló de entrar a valorar o contido do artigo, gustaríame sinalar un punto que no seu momento me pareceu bastante chocante pero cheo de razón: as ideas tamén morren.

En certo sentido, isto é o que lle está a acontecer á esquerda europea desde hai máis de 20 anos. Pode que os valores de xustiza e igualdade que a fundamentan sigan a estar plenamente vixentes, pero os movementos políticos que os sustentaron durante o século XX non son máis ca unha sombra do que foron.

Dun xeito moi esquemático poderíamos afirmar que nos últimos cen anos a esquerda europea pivotou sobre dous grandes polos: o socialdemócrata e o comunista. O posicionamento sobre a I Guerra Mundial, a Revolución Bolchevique, a dicotomía entre reforma ou revolución e as teses de Eduard Bernstein foron algúns dos motivos que levaron á división dun movemento que permanecera relativamente unido durante o século XIX.

Leónidas Brezhnev (URSS) con Willy Brandt (RFA)

Os partidos socialistas foron capaces de formar goberno nos países occidentais e aplicaron un programa de reformas máis ou menos ambicioso que, entre outras cousas, foi fundamental para a creación do estado do benestar. Sistemas de ensino públicos e gratuítos, sanidade universal, axudas de desemprego...En todas estas políticas foi fundamental a acción da socialdemocracia.

Pola súa banda, os comunistas dominaron o leste do continente durante décadas acadando graos de redistribución da riqueza nunca vistos. Ademais foron un importante contrapeso na política mundial que abriu a posibilidade de reformas sociais no bloque capitalista.

Nos países occidentais os Partidos Comunistas tiveron un rol moi importante nas mobilizacións populares e estiveron á vangarda das reivindicacións máis progresistas, chegando a acadar importantes cotas de apoio. Aí temos os resultados electorais do PCI de Berlinguer en Italia, ou o papel determinante do PCP na Revolución dos Caraveis en Portugal.

"A ameaza vermella" Enrico Berlinguer na portada da revista Time

Mais é evidente que ningún dos dous polos está no seu mellor momento a día de hoxe. Gústame dicir que mentres que o movemento comunista tivo unha morte abrupta coa caída da URSS, a socialdemocracia foi esmorecendo progresivamente ao aceptar as propostas neoliberais a partir dos anos 80.

Coido que dun xeito ou doutro, ámbolos dous movementos fracasaron. A socialdemocracia renunciou á superación co capitalismo a través da reforma e limitouse a paliar algúns dos seus efectos máis nocivos. Porén, foi cómplice e mesmo axente activo nos excesos que se cometeron na periferia do sistema. Mesmo finalmente, xa sen o contrapeso da URSS, aplicou unha política económica cuspidiña á da dereita. Aí temos os gobernos de Blair no Reino Unido, Schröder na Alemaña ou o propio Zapatero no Estado Español.

Zapatero defendendo a reforma laboral

Nos países comunistas sacrificáronse as liberdades e dereitos civís que tradicionalmente foran reivindicacións da esquerda, e outorgóuselle o control do aparello do estado a unha caste burocrática organizada a través do partido.

A fractura entre gobernantes e gobernados foi tal, que o bloque soviético non caeu por acción exterior, senón que colapsou internamente. Como recordaba o marxista arxentino Atilio Borón, “derrubouse sen un só disparo e ante a incríbel indiferenza da poboación”

A onda expansiva da URSS afectou a todos os partidos do entorno que, perdido o gran referente, foron ocupando posicións cada vez máis residuais. Os outrora poderosos PCF ou PCI, hoxe están desaparecidos ou son totalmente irrelevantes. Nalgúns países, como Grecia ou Portugal, resistiron mellor e aínda xogan un papel importante na mobilización social, mais son incapaces de medrar máis alá da súa base tradicional.

E agora que facemos?

Nun contexto de crise económica como o actual, as propostas políticas da esquerda bótanse de menos. E moito.

Semella que comezan a agromar algunhas alternativas esperanzadoras. Por exemplo a Front de Gauche que este domingo apoia a candidatura de Jean-Luc Mélenchon á presidencia de Francia. Pero aínda son proxectos bastante incipientes e está por ver se son capaces de manter a súa continuidade no tempo.

En cada momento a histórico a esquerda dotouse da ferramenta política e do programa que resultaban máis acaido. As ortodoxias e as

posturas inamovíbeis nunca lle foron útiles aos movementos progresistas.

Neste contexto, faise necesario construír unha alternativa programática e partidaria para a esquerda do século XXI. E nisto os vellos prexuízos non axudan. O propio Melénchon aborda este tema nunha entrevista que lle fixeron recentemente no xornal arxentino Página/12

É preciso que a nosa esquerda cure a manía das querelas teolóxicas, das discusións aterradoras sen fin. É preciso ter unha práctica racional. En canto se presenta unha dificultade, trátase de deconstruíla, de deconstruír o seu contido e volver construír cos útiles que funcionan. É imposíbel separar a práctica do traballo teórico. Teño unha intuición, unha sorte de certeza histórica e política: a clase traballadora está chea de ideas, de coñecemento, dunha mirada de experto. É unha fonte fabulosa! A dialéctica do intercambio permítenos progresar.

E finalmente engade un razoamento moi útil para construír calquera alternativa:

Ás veces hai que tomar o vello vocabulario, poñelo a un lado, volver comezar desde cero como si acabáramos de nacer. A través das palabras podemos crear unha gramática nova, unha síntese nova e converxencias extraordinarias.

Reforma ou revolución?

Reforma e revolución. As dúas. Coido que un dos retos da esquerda para este século e aprender dos erros que a precederon. A socialdemocracia foi totalmente incapaz de facer as propostas necesarias para superar o sistema democrático liberal e o modo de produción capitalista, e o movemento comunista non soubo empregar o aparello institucional para levar adiante parte do seu programa.

Diante da pregunta de se a esquerda se volveu reformista, a socióloga chilena Marta Harnecker escribiu o seguinte:

Paréceme que a mellor definición é aquela que designa como reformistas aos que mediante as reformas buscan perfeccionar a actual orde existente e como revolucionarios a aqueles que, ao impulsar as reformas, loitan ao mesmo tempo por modificala profundamente, cambio que non pode producirse sen unha ruptura coa orde anterior.

A esquerda do século XXI ten que ser capaz de combinar un programa de reformas dentro do marco existente e á vez poñer os alicerces que permitan superalo.

Neste sentido, as persoas de tradición socialdemócrata teñen que perder o medo a denunciar un sistema que se demostrou inxusto, mentres que os de tradición comunista teñen que se atrever a asumir responsabilidades institucionais e traballar dentro do marco.

Por iso é tan importante contar cun bo programa. Hai que presentarlle á sociedade unha serie de propostas que se poidan aplicar desde as institucións co actual aparello legal. Non é bo crear expectativas que logo non son se poden cumprir. Cómpre ter claro que se pode facer e que non en cada ámbito de poder. Non é igual a política municipal que a nacional ou a estatal. Cada institución precisa das súas propias liñas programáticas.

Xunto coas reformas, desde os gobernos hai que promover as iniciativas que abran campo para outro marco político e económico. Non é casualidade que os primeiros gobernos de Chávez tivesen como obxectivo redactar unha nova constitución. E sen irnos tan lonxe, a Front de Gauche de Mélenchon está a facer un chamado para constituír a VI República francesa. Mais isto non se acada se non hai unha masa social que o soporte.

Nin o institucionalismo da socialdemocracia nin o dirixismo dos PCs

O traballo nos movementos sociais, na sociedade civil, ten que ser un dos piares básicos de calquera organización de esquerda. Gustoume unha frase que dixo Tony Benn, un histórico laborista inglés, cando abandonou a Cámara dos Comúns:

“Deixo o parlamento para poder ter máis tempo para a política”

Porque faise moita política desde fóra das institucións, e isto é algo que a socialdemocracia esqueceu hai tempo. Hai tanto tempo que só velliños como Tony Benn parecen lembrar.

Mais tampouco vale entender aos movementos sociais como correas de transmisión das consignas partidarias. Existe un enorme potencial creador na cidadanía que as organizacións de esquerda teñen que fomentar e empregar.

O sociólogo portugués Boaventura de Sousa Santos tratou este tema nun artigo que lin hai un tempo:

Os partidos que foron moldeados pola idea da teoría de vangarda non son hoxe partidos nin de vangarda nin de retagarda. Son de feito partidos burocráticos que cando están na oposición resisten fortemente o status quo, pero non teñen alternativa, e que cando están no poder, resisten fortemente ao xurdimento de alternativa. Como reemprazo do partido de vangarda habería que crear un ou máis partidos de retagarda que acompañen o fermento de activismo social que se xera cando os resultado da participación popular democrática se fan transparente até para os que aínda non participan e que, deste xeito, son atraidos a participar.

Para erguer unha esquerda do século XXI fai falla que comecemos a pensar desde a perspectiva deste tempo. Do pasado hai que aprender pero non vale de nada herdar os erros. Quédome coa idea que daba Mélenchon: descontruamos os problemas para construír as alternativas.

Foto 1 © Bettmann/CORBIS

Foto 2 © Time
Foto 3 © AFP/Thomas Samson
Foto 4

Duarte Romero Varelahttp://www.blogger.com/profile/05587166208200946027noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8147778372104422828.post-41275462290054259632012-04-18T23:31:00.006+02:002012-04-20T19:25:30.839+02:00Que queren dicir realmente os argumentos en contra de nacionalizar YPF?Vaia lea que se armou con iso de nacionalizar YPF. Parece que desta volta Cristina Kirchner conseguiu cabrear ao establishment político e mediático español, que saíu en bloque a defender os intereses de Repsol.

O máis interesante de todo isto parécenme os argumentos en contra da decisión do goberno de Arxentina. Despois de debullalos un pouquiño, estas son as divertidas conclusións que saquei:

1º. Só é nacionalizábel aquilo que dá perdas.

Mariano Rajoy deixouno moi claro no Foro Económico Mundial: “non hai ningunha razón económica para a expropiación”.

Pola contra, si que as había para nacionalizar Aerolineas Argentinas, unha empresa ruinosa que era propiedade do Grupo Marsans e que está baixo control público desde 2008. Daquela non foi un problema.

O mesmo acontece no Estado Español, onde unha parte significativa de bancos e caixas de aforros foron intervidas polo tesouro público. Porén, non se escoita nin unha palabra sobre que o goberno recupere o control de Telefónica, empresa privatizada no goberno de Aznar e amplamente lucrativa.

Daniel Paz & Rudy en Página/12

2º. O interese nacional reside nas grandes empresas.

Neste caso Rajoy tamén foi moi contundente: “alí onde haxa unha empresa española, alí estará o goberno”.

Porén, non lembro ningún goberno, nin do PP nin do PSOE, que fose tan forte defendendo os “intereses nacionais” fronte a Europa ou iso que chaman “mercados”. Se cadra porque a política de recortes que impuxeron non afecta a Endesa, a Inditex ou a Telefónica.

3º. O interese dunha empresa equivale ao dun Estado

Constantemente se falou dos “intereses españois en Arxentina” pero realmente quen se beneficia do negocio petroleiro son os accionistas de Repsol, que por certo non son só do Estado Español.

O conxunto da cidadanía non se ve afectada polo cambio de titularidade en YPF, polo tanto facer converxer os intereses de Repsol cos do conxunto do Estado é un razoamento bastante perverso.

4º. Recuperar o control dun recurso natural é espoliar

YPF era unha empresa controlada por capital privado cuxos beneficios ían a parar a persoas que vivían noutras latitudes.

Tradicionalmente sería isto o que levaría o cualificativo de espolio. Porén, para medios como ABC ou Cinco Días o goberno de Kirchner é o que está espoliando ao Estado Español dalgún xeito que non logro entender.Duarte Romero Varelahttp://www.blogger.com/profile/05587166208200946027noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8147778372104422828.post-4177867415840885562012-04-16T22:00:00.000+02:002012-04-20T19:25:44.741+02:00Entrevista sobre o futuro do xornalismoHai unhas semanas, a xornalista Vanesa Oliveira fíxome unha entrevista para publicar no Dioivo para reflexionar sobre o futuro da profesión nun contexto cambiante. Como sabedes, encántame divagar, outra cousa é que sexa interesante o que digo ou non. Xulgades vós mesmos.

Cómpre rachar a filosofía do xornalismo coma fonte de cartos

Duarte Romero comezou na rede con Revolta Rockeira que pechou o ano pasado para abrir Que Ben Quedei. Tamén contribúe en Tempos Dixital, facendo parte do seu consello de redacción desde o seu relanzamento até principios deste ano. En Praza Pública é un dos autores da recén lanzada bitácora tecnolóxica De ceros a uns.

Por que decidiches ser xornalista?

Coido que a miña visión cambiou moito desde que decidín comezar a carreira até hoxe. Ao principio movíame por clixés. Gustábame escribir e tiña moito interese polo que acontecía ao meu redor. Parece que o camiño que mellor encaixaba coas miñas inquedanzas era o do xornalismo.

A día de hoxe teño unha visión máis ampla. Contar historias segue a ser o máis importante do xornalismo, pero as formas mudaron moito. Non podemos entender a comunicación dun xeito unidireccional. Cómpre recoller toda a información que día a día producen os cidadáns, escoitalos e contar as mellores historias do xeito que sexa máis efectivo. E aí entran as novas tecnoloxías e a posibilidade de facer cousas que hai 10 anos semellarían imposíbeis. Se cadra por todo ese camiño que aínda está por percorrer é polo que aínda quero ser xornalista.

Albert Camus contaba, nun artigo recuperado recentemente, que as claves do bo xornalismo eran "lucidez, desobediencia, ironía e obstinación". Cales son para ti?

Asumiría ao 100% estas claves. De feito, non creo que os valores clásicos do xornalismo perdesen vixencia coa aparición de internet, aínda que si que apareceron algúns novos. Como guía persoal, e facendo unha mestura entre o que había antes e o que chega agora, creo que o bo xornalismo ten que ser honesto, multimedia, incómodo, rigoroso e que estabeleza relacións bidireccionais cos lectores.

Os xornalistas perdemos a perspectiva cando traballamos para un medio de comunicación, no sentido de que non nos decatamos que a nosa responsabilidade é coa sociedade, non cos intereses económico-políticos dese medio?

Hei de recoñecer que non teño moita experiencia en redaccións así que tampouco vivín esa especie de metamorfose da que falas. Pero pregúntome se máis que unha identificación do xornalista coa liña do medio, non haberá máis ben unha submisión a eses intereses económico-políticos que sabes non che van permitir facer un periodismo máis responsábel coa sociedade.

Segue no Dioivo
Duarte Romero Varelahttp://www.blogger.com/profile/05587166208200946027noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8147778372104422828.post-21769153297295604952012-03-21T10:21:00.002+01:002012-04-20T19:25:04.247+02:00[De ceros a uns] Pinterest: a rede social de moda

Esta é miña primeira colaboración no blog De ceros a uns de Praza Pública.

Desde hai xa uns meses non fago outra cousa que escoitar falar de Pinterest, unha rede social que está a arrasar nos Estados Unidos e que, como xa pasou con Twitter e con Facebook, non ha tardar en cruzar o charco e popularizarse en Europa.

En febreiro de 2011 tiña 173.492 visitantes únicos e ao cabo dun ano acadou a incríbel cifra de 16.230.441. O gordo deste crecemento concéntrase desde o último setembro, cun suba do redor de 15 millóns de visitas.

Cuns 12 millóns de usuarios activos, Pinterest gañouse un posto na lista dos 50 mellores sitios web da revista Time e está a marcar tendencia nestes primeiros meses de 2012.

PERO DE QUE VAI PINTEREST?

Poderiamos definila coma un taboleiro social. Cada usuario sobe fotografías ou vídeos que clasifica por temas.

O universo social de Pinterest baséase neses taboleiros temáticos, que poden ser colaborativos e aos que te podes subscribir. Algún medio, como o Wall Street Journal xa o utilizou para compartir galerías fotográficas dun determinado evento, neste caso a New York Fashion Week

As imaxes e vídeos de Pinterest poden estar tiradas doutros sitios ou subidas polo propio usuario e, ao igual que noutras redes moi populares, tes a posibilidade de facer “repin” e compartir cos teus contactos contidointeresante que viches na rede.

Continua en De Ceros a Uns
Duarte Romero Varelahttp://www.blogger.com/profile/05587166208200946027noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8147778372104422828.post-73860515928056844282012-03-20T16:11:00.007+01:002012-04-20T19:24:47.889+02:00Que é iso do xornalismo de datos?Se me seguides en Twitter veriades que levo unha tempada falando dunha cousa que se chama xornalismo de datos. Este parece un bo momento para explicar de que raio estou a falar.

Comecemos cunhas definicións:

Hoxe o xornalismo de datos pódese definir como un proceso de traballo onde os datos son a base para a análise, visualización é -sobre todo- para contar historias.

Mirko Lorenz, arquitecto da información e xornalista multimedia

O xornalismo de datos é (...) froito da converxencia de moitos campos (...), desde a investigación até a estatística, pasando polo deseño e a programación.

Paul Bradshaw, xornalista e profesor universitario

O xornalismo de datos non vai de gráficos e visualizacións. Vai de contar historias do mellor xeito posíbel. Algunhas veces será cunha visualización ou cun mapa, pero outras tan só cunha noticias. Mesmo en ocasións con publicar un número chega. Se o xornalismo de datos vai sobre algo é sobre a flexibilidade de buscar novas formas de contar historias.

Simon Rogers, xornalista de datos en The Guardian

En esencia non é outra cousa que un novo xeito de traballar. Cada vez hai máis información dispoñíbel ao público, a tarefa desta especialidade é recompilala, analizala e expresala do mellor xeito posíbel.

Fonte: www.dataenthusiast.com

E que ten de novidoso?

Pois nada e todo á vez. A utilización de datos para o xornalismo é algo moi vello, pero a novidade radica na forma na que está a facer. Grazas ás leis de transparencia, gobernos e institucións públicas de moitos países poñen a disposición da cidadanía información que manexan cada día. Isto implica non só a publicación e difusión destes datos a través de medios oficiais e páxinas web, senón sobre todo a obriga de responder ás solicitudes que calquera persoa lles faga.

Ao abeiro desta normativa os xornalistas podemos acceder a información que até o de agora era moi difícil de conseguir, ou estaba nun formato que facía imposíbel a súa análise ou directamente non era accesíbel.

Imaxina que queremos coñecer en que empresas gasta os cartos o Concello de Narón, ou cal é a taxa de mortalidade en operacións no CHUS de Santiago, ou a axenda de visitas do presidente Feixoo. Cunha lei de transparencia é sinxelo acceder a estes datos.

Malia todo, o Estado Español aínda está atrasado neste aspecto. Mariano Rajoy prometeu que ía aprobar unha Lei de open data semellante aos países do noso entorno europeo nos seus primeiros 100 días de goberno. Isto déixalle algo menos de dúas semanas para facelo. Haberá que estar pendente.

En que afecta isto ao futuro do xornalismo?

Facer investigacións rigorosas con datos require formación, tempo e profesionalidade. Un bo traballo xornalístico é imprescindíbel.

Simon Rogers, un dos máis reputados xornalistas de datos do Reino Unido, fai unha afirmación coa que estou bastante de acordo.

Hai un novo rol para os xornalistas que consiste en facer de ponte entre aqueles que teñen os datos (e son moi malos á hora de explicalos) e o público que desesperadamente quere entendelos e acceder a eles pero que precisan axuda. Podemos ser esa ponte.

O xornalismo de datos é unha disciplina enorme, na que aínda queda moito por explorar pero que está chea de potencialidade e de futuro. Intentarei seguir actualizando con cuestións interesantes que vaia atopando ou facendo. Ficade alerta!Duarte Romero Varelahttp://www.blogger.com/profile/05587166208200946027noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8147778372104422828.post-9361954286791914432011-11-29T18:11:00.001+01:002011-11-29T18:49:49.229+01:00Camarada, vaia cagada. Unha visión pouco compracente das eleccións xerais

Non empecemos a chuparnos as pirolas aínda” Sr. Lobo (Pulp Fiction)

Sendo sincero, non me sorprendeu nada o resultado das eleccións xerais. Como case todo o mundo, xa daba por feito a vitoria abafante do PP e a desfeita do PSOE. Tamén contaba coa entrada triunfal de Amaiur no congreso e coa importante suba de Izquierda Unida. O que xa non tiña tan claro era o resultado do BNG. Xa son máis de dez anos perdendo apoios elección tras elección, e cando o CIS alertou uns meses antes do 20N de que podía quedar sen representación, pois saltaron todas as luces de alarma.

Fonte: www.bng-galiza.org

Finalmente o nacionalismo mantivo os seus dous representantes malia baixaren 30.000 votos a respecto das xerais de 2008. A dirección do BNG, que como despois de cada proceso electoral parece que vive nun mundo totalmente diferente ao meu, cualifica os resultados como “bos”. Para xustificar semellante afirmación emprégase un xogo matemático a través do cal o Bloque mantén unha porcentaxe de voto semellante ás anteriores e frea a perda de apoios desde as eleccións autonómicas.

É certo que os resultados non son catastróficos. Unha catástrofe para o nacionalismo tería sido perder os 2 deputados, pero se somos un chisquiño críticos veremos que de ningún xeito os podemos definir como bos. Facendo un pouco de memoria, lembraremos que non hai tanto tempo o obxectivo do BNG no congreso era acadar grupo propio. Agora supón unha alegría manter a representación. Que aconteceu polo medio? Por que pasou o nacionalismo de ser un movemento que aspiraba a ser hexemónico en Galiza a conformarse con manter unha presenza testemuñal? Estas preguntas debería de telas formulado a dirección do Bloque hai uns 10 anos para seren capaces de paliar a sangría de apoios que está a sufrir desde entón. Pola contra, preferiron facer encaixe cos números e buscar calquera xustificación no canto de recoñecer os erros propios e pórlles remedio. No 2005 o desastre das autonómicas quedou tapado pola entrada no goberno. Nas municipais de 2007 a sangría das cidades non parecía importante xa que se subira o número absoluto de concelleiros. En 2008, cando quedaba patente que o BNG non era capaz de recuperar nunhas xerais o voto perdido desde o 2000, clámase contra un bipartidismo que non debía existir antes desa data. O BNG ensinoume que cun pouquiño de imaxinación o maior dos desastres pode ser unha vitoria.

Os sítomas

Analizando un pouco de vagar o contexto no que se dan estas eleccións, hai 3 aspectos que me parecen fundamentais e que condicionaron os resultados que vimos o 20N.

O deterioro da situación económica. A crise internacional agravouse no Estado Español polo estoupido da burbulla inmobiliaria. As elevadas cifras do paro e a incapacidade do goberno para ofrecer unha saída non fixo outra cousa que aumentar o malestar.

O descrédito do modelo de partidos. Os sistema democrático liberal senta os seus alicerces en organizacións políticas que están presentes nas diferentes cámaras de representantes e que xestionan os gobernos. No Estado Español, a corrupción e as redes clientelares das grandes forzas políticas foron minando pouco a pouco a credibilidade do sistema democrático. O nacemento do 15M e a súa consigna de “que non nos representan” son boa mostra diso.

A agardada baixada do PSOE. Como partido que xestionou o goberno durante a crise, era de agardar unha baixada importante no número de votos e unha suba doutras opcións situadas á súa esquerda.

Fonte: www.lavanguardia.com

O BNG é unha forza política que debería ter todo ao seu favor para aproveitar este contexto. Por unha banda, defende un modelo económico diferente ao que entrou en crise e pola outra mantívose afastado dos problemas de corrupción que aqueixan a outras organizacións. Ademais, durante os anos 90 beneficiouse electoralmente das baixadas do PSOE. Pero desta volta, foi Izquierda Unida quen se presentou como unha forza alternativa aos grandes partidos. Ademais do seu crecemento en todo o estado, en Galiza subiu 40.000 votos. Desde a perspectiva do nacionalismo estes datos teñen que ser interpretados como alarmantes, por ser IU unha formación que compite por un electorado moi semellante ao do BNG e por carecer esta de implantación social no noso país facendo seguidismo de Madrid.

A diagnose

Daquela, en que errou o nacionalismo? Por que esa incapacidade para ganar novos apoios ou reter os que tiña? Coido que hai que resaltar 4 aspectos.

Falla a introdución no tecido social. Unha forza como o BNG ten que estar presente nas organizacións de base que hai en Galiza. E con isto non me refiro a CIG, A Mesa ou a AC O Galo. Temos no noso país unha multitude de colectivos e agrupacións que van desde os clubs deportivos, até asociacións veciñais ou culturais nas que o nacionalismo ten un campo enorme para crear referentes sociais.

Incapacidade para adaptarse ás novas formas de organización e de loita. O movemento 15M foi un duro toque de atención para todas as forzas políticas. Rexéitase o dirixismo, as siglas e apóstase por estruturas horizontais e en rede. Moitos sectores do BNG desprezaron e ningunearon este movemento, situando as formas tradicionais de loita como únicas válidas, chegando a fixar a súa convención electoral o mesmo día e á mesma hora que a xornada de mobilización mundial do 15 de outubro.

Falla a forma de transmitir o discurso. Sen entrar a valorar cuestións programáticas (coas que no esencial estou de acordo), creo que o BNG ten que facer un esforzo por empregar unha linguaxe máis atractiva e dixeríbel para explicar as súas propostas.

Falla a imaxe. O BNG transmite a sensación de ser unha organización avellentada, pouco rompedora e moito menos transgresora. Isto esténdese á liña gráfica, á actitude dos dirixentes e mesmo ao contido de moitas mensaxes. Unha diferenza importante a respecto dos anos 90, nos que o nacionalismo subía coma a escuma, é que deixou de verse como un movemento diferente e alternativo, quedando homologado con outras forzas do sistema en moitas actitudes e formas.

O futuro

Nos días posteriores ás eleccións, as diferentes familias do BNG volveron a sacar a relucir os coitelos que esconderan durante a campaña. Comezan uns meses complicados até a asemblea de xaneiro, nos que abundarán os enfrontamentos e a política de corredor. Mentres tanto, Rajoy formará goberno e se cadra Feijoo aproveita para convocar eleccións anticipadas. Gañar é máis doado se non tes oposición.
Duarte Romero Varelahttp://www.blogger.com/profile/05587166208200946027noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-8147778372104422828.post-53979871414826825312011-10-27T00:37:00.000+02:002011-10-27T00:41:09.040+02:00Apple, The Guardian e o modelo de negocio en internet

Hai un par de semanas Apple lanzou o iOS 5, unha versión actualizada do sistema operativo que empregan iPad, iPhone e iPod Touch. Unha das novidades que inclúe chámase Newsstand (Quiosco) e, como o seu propio nome indica, serve para ler prensa e revistas. O funcionamento é sinxelo. A través da App Store descargas publicacións que logo quedan arquivadas como se fose un andel. Se queres acceder a un determinado número teríalo que baixar e, de ser o caso, pagar por el.

O xornal inglés The Guardian aproveitou a aparición desta plataforma para lanzar a súa aplicación para iPad. Moitos usuarios de tabletas levabamos tempo a nos preguntar cando se ían decidir a presentar unha edición para esta plataforma. As respostas oficias do medio dicían que estaban a traballar nun produto que realmente cumprise as necesidades dos lectores e que non se limitase a ser un pdf que fixera ruído ao pasar as páxinas. Ou o que é o mesmo, a ter unha edición para iPad como a de La Voz de Galicia. A proposta que nos presentaron está pensada para unha lectura de vagar máis ou menos relaxada, intentando asemellarse á que podemos facer do papel. Unha ou dúas actualizacións globais por día, sen a inmediatez do web pero coa profundidade que podes atopar no periódico de toda a vida. Ademais, emprega un sistema de xerarquización e de navegación moi visual e que no que se inclúen elementos multimedia. Aínda presenta algúns defectos, como a limitación das ferramentas para compartir ou a ausencia de certas seccións moi consolidadas no web, como a de medios ou a de tecnoloxía.

Porén, estes defectos non impediron que na primeira semana se acadasen preto de 150.00 descargas. De momento, e grazas a un patrocinio de Channel 4, é de balde, pero a partir de xaneiro custará 9.99 libras ao mes. Son boas perspectivas económicas para The Guardian. Tal e como sinalan no web paidcontent.org, se extrapolamos os 17% de usuarios de pago que ten a app para iPhone, o medio ingresaría uns 3 millóns de libras a través de subscricións ao iPad. E isto partindo da base dos usuarios da primeira semana, polo que é de agardar que se unan máis.

É que o Quiosco de Apple foi unha moi boa nova para os xornais e revistas. No mercado das tabletas hai moito potencial, e isto xa se amosou na súa primeira semana de funcionamento. As principais distribuidoras de publicacións para iPad rexistraron un incremento de descargas do 750%, o que tamén se reflectiu nun aumento significativo das vendas.

Non sei que vos parece a vós, pero semella que o modelo negocio en internet vaise orientando cada vez máis cara o pago por contidos. Temos o modelo freemium do New York Times, que xa conta cuns 324.000 suscriptores, de pago total como o The Times británico, que conta cuns 110.000 ou o de web de balde combinado con pagamento noutros dispositivos, como fai The Guardian. Na prensa española a tendencia é a de manter o acceso á páxina totalmente de balde pero ir introducindo quioscos virtuais multiplataforma que xa son de pago. Aquí temos Orbyt, de Unidad Editorial, que xa vai acadando un éxito modesto e Kiosko y Más, dunha multitude de periódicos e revistas.

Non hai receitas máxicas, pero semella que pouco a pouco se van consolidando certas propostas para facer sustentábel o xornalismo en internet. Credes que funcionarán?
Duarte Romero Varelahttp://www.blogger.com/profile/05587166208200946027noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8147778372104422828.post-2854978082087961362011-10-25T01:36:00.000+02:002011-10-25T01:36:21.495+02:00Non é país para Europas

Membros de UKIP maniféstanse nas portas do parlamento
Fonte: guardian.co.uk

Inglaterra non se caracteriza polo seu amor á UE. Abonda dar unha volta por Londres para percatarse das poucas bandeiras azuis con estrelas douradas que hai por alí. Isto é reflexo dunha sociedade civil e política que nunca rematou de crer do todo iso da integración europea e que nos últimos trinta anos estivo sempre a voltas coa posibilidade de abandonar a Unión. De feito, cando chegan as eleccións europeas votan en masa ao United Kingdom Independence Party (UKIP). Esta é unha forza política que centra o seu discurso no euroescepticismo e que malia non ter ningún representante no parlamento de Westminster, é a segunda máis votada para Bruxelas.

En marzo deste ano saíu á luz a campaña “People´s Pledge” (algo así como “Compromiso Popular”) que pretendía levar á Cámara dos Comúns unha iniciativa para convocar un referendo sobre a permanencia (ou non) do Reino Unido na Unión Europea. En poucos meses acadaron 100 mil sinaturas e o proxecto debateuse esta tarde no parlamento. O posicionamento oficial dos tres grandes partidos era votar en contra da consulta. Malia teren opinións diferentes sobre a cuestión comunitaria, en teoría concordan en que non é o momento para formular este debate. E digo en teoría porque tanto os Laboristas como sobre todo os conservadores tiveron que afrontar a rebelión de parte dos seus deputados (MP). No caso da formación de Ed Miliband tan só foron ao redor de 20 MPs os que votaron a prol do referendo, pero na de David Cameron a cifra elevouse máis de 80 dos seus 305 representantes. Por se fora pouco, ao longo da tarde dimitiu un asesor do Ministerio para Europa afirmando que “se o futuro do Reino Unido como estado independente non é motivo suficiente, non sei que o é”. Aínda que no Partido Conservador estas “broncas” non son novas, deixan nunha posición de debilidade ao Primeiro Ministro.

Pero como se vive esta polémica na rúa? Pois segundo unha enquisa que publicou hoxe The Guardian, un 70% da poboación está a prol de someter a referendo a permanencia na Unión Europea. O resultado da consulta saldaríase cun 49% a prol da saída e un 40% en contra. O Reino Unido está a vivir un momento político moi interesante no que a cuestións de soberanía se refire. A nivel interno cada vez hai máis posibilidades de fractura na medida en que Escocia camiña paseniño cara a independencia. A nivel exterior, a saída da Unión Europea non é unha proposta irreal nunha sociedade maioritariamente euroescéptica. Cómpre estarmos moi atentos ao que acontece nesta illa porque pode producir unha importante reconfiguración da política do vello continente.
Duarte Romero Varelahttp://www.blogger.com/profile/05587166208200946027noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8147778372104422828.post-30707207805536868022011-10-19T21:23:00.002+02:002011-10-19T22:34:28.765+02:00Twitter, Unirede e viños galegos

O sábado pasado asistín a Unirede, o I Foro Galego de Web 2.0. A impresión que me levei das xornadas foi moi irregular. Se ben houbo algún relatorio moi interesante, como o de Manuel Gago, outros estaban bastante fóra de lugar e non achegaban nada novo aos que temos curiosidade por este mundo.

Mais non quero facer un resumo do Foro. Tampouco creo que tivera moito interese. Escribo esta entrada para expor a miña opinión sobre un pequeno debate que (sen querelo) comecei en Twitter. Foi a raíz dun dos obradoiros temáticos que houbo no Unirede, o de turismo e gastronomía. Alí falou, entre outros, Emanuel Casals en represtanción do seu portal vinogallego.com. Cando estaba a explicar a súa estratexia en redes sociais, publiquei o seguinte chío.

Non agardaba resposta, pero ao día seguinte recibín a seguinte réplica desde a conta oficial do portal de viños.

Un chío máis meu e rapidamente o propio Casals publicou un artigo-resumo do Foro no que facía referencia ao debate que estabamos a ter e explicaba máis polo miúdo a súa estratexia en Twitter. Para os que non queirades facer click na ligazón e ler o seu texto, sintetizo os catro aspectos que máis me custou dixerir:

A automatización do Twitter. Sincronizan a súa conta na rede de microbloggin co fluxo de actualizacións do sitio web para non ter que actualizar manualmente.

Publican o contido tres veces ao día. Pola mañá, ao medio día e á noite, para garantir que todo o mundo lea o que publicaches no web.

Non utilizar hashtags.

Facer preguntas só cando se teña dúbidas

Non seguir máis que a un 20 ou 30% dos teus seguidores. Aínda que fai fincapé en que só cómpre facerse seguidor de quen che interese, fixa estas cifras máximas.

De xeito moi sintético e humilde, síntome obrigado a discrepar con estas 5 afirmacións en base á miña propia experiencia persoal e ao que fun observando en diferentes proxectos de éxito.

Automatizar a túa conta en Twitter pode ser moi cómodo, pero renuncias a moitas das posibilidades que ofrece a rede. As complicidades, bromas e interaccións que podes xerar cos teus seguidores fan que pague a pena inverter (que non gastar) un pouco de tempo en publicar os teus propios contidos.

Publicar tres veces o mesmo contido (aínda que con distinto titular) paréceme contraproducente. Moitos usuarios de Twitter penalizan a publicidade e estas cousas non adoitan gustar. Pola contra, existen ferramentas que nos permitan achar a que hora temos máis seguidores conectados de xeito que poidamos optimizar moito máis o impacto dos nosos tuits. Ademais, é moito máis útil sermos capaces de conseguir un RT de calidade que publicar nós varias veces o mesmo contido.

Non entendo o argumento para non empregar hashtags. Estou de acordo en non abusar porque dificultan a lectura, pero son unha utilidade xenial para agrupar tuits que correspondan a un evento ou a un tema en común.

As preguntas en Twitter non só son útiles para resolver dúbidas, senón tamén como vía para interactuar cos teus seguidores, crear comunidade e vinculación do usuario coa marca.

Coido que a clave é seguir a quen sexa interesante e sexa capaz de achegar algo. Que máis dá que sexa o 10, o 30 ou o 70? O fundamental é o criterio de elección, non a porcentaxe.

O que realmente diferenza a Twitter doutras redes sociais é a posibilidade de participar nunha conversa constante. Semella que en vinogallego.com só a entenden como unha canle para facer publicidade dos contidos do seu web. Interactuar e xerar contidos interesantes para o usuario son dous dos aspectos que considero fundamentais para ter unha boa estratexia en microbloggin. Se observamos algún exemplo empresarial de éxito, como a conta @quecheparece de R, veremos que son capaces de conectar cos seus clientes grazas a un servizo de atención personalizado e eficaz. Ademais, non dubidan en ofrecer información que non está vencellada aos seus sites corporativos pero que se poden relacionar con algúns produtos que venden. Aí temos as novidades na programación televisiva ou en novos terminais móbiles.

Exemplos e ideas hai moitos. Cada un ten que utilizar a estratexia que mellor lle permita acadar os seus obxectivos, pero non coido que para iso fai falla ter apertura de miras e estar disposto a innovar, participar e sobre todo arriscar.
Duarte Romero Varelahttp://www.blogger.com/profile/05587166208200946027noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8147778372104422828.post-48335696705664566272011-10-06T22:30:00.000+02:002011-10-06T22:42:04.548+02:00Que pensan na USC do galego

Santiago de
Compostela conta cunha serie de lugares, personaxes e rituais que
calquera persoa que viva ou frecuente a cidade debe coñecer.
Zapatones, o tuno do Obradoiro, o París-Dakar ou o Carallo 29 fan
parte do día a día de quen pasea polas rúas da capital. Son
figuras e tradicións que non permanecen inalterábeis no tempo, se
non que van mudando co paso dos anos. Algunhas desaparecen e outras
novas chegan. Nestas últimas eu incluiría unha serie de personaxes
que desde hai un par de décadas percorren a cidade asaltando aos
viandantes. Falo naturalmente dos estudantes de Ciencias da
Comunicación. Pola propia dinámica da carreira, faise obrigatorio
ter que saír á rúa para facer reportaxes, entrevistas e crónicas
que requiren da participación desinteresada de amábeis cidadáns.
Se non abondaba xa coa carga de traballo das licenciaturas e dos
graos, a estes suxeitos ás veces aínda lles dá por embarcarse en
proxectos propios non académicos, dándolle aínda máis a paliza aos
pobres viandantes.

Desta volta
os culpábeis son os alumnos e alumnas que colaboran coa Comisión de
Normalización Lingüística da Facultade de Comunicación. A raíz
dunha proposta feita pola Liga Estudantil Galega, no pasado mes de
abril gravaron un videomatón con declaracións de distintos membros
da comunidade universitaria sobre o galego. Presentárono onte e
estano a difundir polas redes sociais. Non é un traballo
estatístico, pero serve para ter unha radiografía do que se pensa
na USC sobre a lingua. En termos xerais, a maioría dos enquisados
ten unha visión moi favorábel cara o noso idioma, independentemente
do que falen habitualmente. Están a prol dun aumento das aulas en
galego e tratan as cuestións lingüísticas con moita naturalidade,
amosando que a conflitividade no uso é un debate inventado.

Recomendo
que lle botedes unha visual ao vídeo e que logo digades o que vos
parece. Haberá que darlle algo de vida aos comentarios do blog, ou
non?

Duarte Romero Varelahttp://www.blogger.com/profile/05587166208200946027noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8147778372104422828.post-17555298983161667772011-10-06T09:24:00.005+02:002011-10-06T10:06:01.502+02:00Bye, bye, Steve.

Fonte: apple.com

Esta noite finou Steve Jobs.

Non quero facer un obituario. Estes días xa poderemos ler moitos e algúns realmente bos. Só quero publicar un pequeno recordatorio de quen revolucionou o mundo da tecnoloxía nos últimos anos. Produtos xeniais, ben acabados, de uso sinxelo, intuitivos e de fácil acceso. Este era o segredo do mago de Apple. Nos últimos tempos levamos moito pensando en como reconstruír unha profesión tan danada como o xornalismo. Se cadra nos teriamos que facer a seguinte pregunta: que faría Jobs?

Duarte Romero Varelahttp://www.blogger.com/profile/05587166208200946027noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8147778372104422828.post-78993214407126783502011-10-05T11:10:00.001+02:002011-10-05T13:49:32.389+02:00Fálase no Reino. Semanas 4 e 5

Velaí vai outra entrega do Fálase no Reino, a miña compilación de ligazóns en inglés. Desta volta xunto dúas semanas pero achego máis información de cada unha das novas. Xa me diredes que vos parece.

Mentres os laboristas sigan sen aceptar a realidade ficarán nun rueiro sen saída guardian.co.uk

Fonte: telegraph.co.uk

A semana pasada os laboristas tiveron o seu congreso anual. Máis adiante escribirei do que alí se falou, pero hoxe interésame compartir convosco un interesante artigo que saíu en The Guardian uns días antes do conclave. Nel, o columnista político Martin Kettle fai unha análise das principais enquisas para medir o estado no que se atopa o partido e as súas perspectivas de futuro.

Os datos

A día de hoxe os Laboristas serían a forza máis votada, a uns 5 puntos dos Conservadores

O goberno da coalición e a súa política económica é extremadamente impopular. Tan só un 29% da opinión pública aproba a súa xestión.

Un 38% dos enquisados culpa aos laboristas da situación económica fronte a un 25% que acusa aos tories.

Ed Miliband ten unha taxa de desaprobación un 16% máis alta que David Cameron

Menos de un de cada dez votantes cre que Ed Miliband é un político forte, bo diante dunha crise e un líder natural e carismático.

Só o 22% dos votantes cre que Ed Miliband sería o mellor Primeiro Ministro para o Reino Unido

As conclusións

Os laboristas non teñen ningún motivo para ser compracentes

Os laboristas teñen máis posibilidades de perder as eleccións de 2015 que de gañalas

Ed Miliband non despega como líder.

Non se amosan como alternativa real no eido económico.

O Ministerio de Defensa indemnizará ás vítimas dos Bloody Sunday guardian.co.uk

Un ano despois de que o goberno británico pedise disculpas polo asasinato de trece persoas nunha manifestación pacífica, o Ministerio de Defensa ofreceu unha reparación económica aos familiares das vítimas. Até o momento xa se foran facendo algún pequenos pagamentos pero sempre sen recoñecer a culpabilidade do exército británico. Algúns familiares rexeitaron aceptar esta compensación e continúan a solicitar que os culpábeis da matanza sexan procesados.

O broker disidente. Até que punto tiña razón? bbc.co.uk

Fonte: BBC

A semana pasada estivo moi de moda un broker inglés chamado Alessio Rastani. Lembrades? Até lle dediquei un post e todo! Este trader (empregando a linguaxe coa que el se define) conmocionou a media Europa por unhas afirmacións a respecto da situación económica bastante duras. Para ver se o que dicía era certo ou non, a BBC contactou con dous coñecidos analistas económicos para que desen a súa opinión sobre a veracidade das afirmacións de Rastani. De xeito sintético, estas son as 6 conclusións ás que chegaron:

Rastani dixo “soño cunha recesión”: o único sorprendente de que o broker faga esta afirmación é que racha cunha norma non escrita da City de non falar en termos tan claros pero que esa ambición sen escrúpulos é a tónica xeral.

Rastani dixo “os grandes fondos non acreditan no rescate do euro”: cómpre agardar a ver como actúan os gobernos para comprobar se os mercados acreditan ou non.

Rastani dixo “o Euro vai colapsar: se na City realmente cresen iso, a día de hoxe o valor da moeda xa estaría nun valor moito máis baixo.

Rastani dixo “calquera pode facer cartos dunha recesión”: para iso precísase contar cun certo capital inicial para inverter.

Rastani dixo “os aforros de millóns de persoas van desaparecer”: aínda no peor dos casos, o goberno británico pode garantir unha cobertura de até 85.000 libras e a media de aforros nunha conta individual é de 8.000.

Rastani dixo “os gobernos non controlan o mundo, quen o fai é Goldman Sachs”: aínda que moitas veces os poderes públicos se amosan ineficaces fronte ao poder dos mercados, unha soa entidade non ten tanto poder. Tamén teñen unha grande capacidade de influencia estruturas estatais como a Reserva Federal dos EUA ou o propio goberno de China.

A quen credes?

Bloquea a ponte, bloquea a reforma ukuncut.org.uk

Fonte: UK Uncut

O colectivo anti-recortes UK Uncut convoca unha importante mobilización para o vindeiro día 9 coa que pretenden cortar a ponte de Westminster (ao carón das Casas do Parlamento) en protesta pola reforma do sistema sanitario que o goberno quere aprobar. Esta organización realiza os seus chamamentos a través da rede e xa acadou importantes éxitos no pasado denunciando a evasión de impostos, malia todo esta será a súa acción máis grande. Polo de agora xa contan con importantes apoios, como o de Unite the Union, o sindicato con maior número de afiliados do Reino Unido.

Duarte Romero Varelahttp://www.blogger.com/profile/05587166208200946027noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8147778372104422828.post-57376278170229077642011-09-27T23:39:00.001+02:002011-09-27T23:39:24.223+02:00De que vos sorprendedes?

Hoxe a rede andaba tola cunha entrevista que lle facían na BBC a un broker da City de Londres chamado Alessio Rastani. Respondeu cunha crudeza e unha sinceridade tales que os propios presentadores non daban crédito ao que estaba dicindo. De feito, a canle pública británica tivo que investigar si se trataba dun bromista ou dun axente de bolsa real.

Nos catro minutos escasos que dura o video veunos a dicir que pouco importan os plans de rescate dos gobernos, que quen manda é Goldman Sach e que os inversores dan por perdido o euro. Eles vanse dedicar a sacar o maior beneficio posíbel e anuncia que en 12 meses millóns de persoas van perder os seus aforros. Indignante? Si, pero non achega nada novo. Non hai nada do que sorprenderse. Choca un pouco ver a un especulador falando nunha linguaxe tan clara, pero máis alá disto vai na liña do que vemos todos os días nos xornais. Os poderes públicos gastan tempo e cartos en intentar compracer a xente coma el, sen importar os custes sociais que isto implique. Pola contra, óbvianse todas as alternativas que vaian encamiñadas a intervir o capital financeiro, a nacionalizar a banca e dotar aos estados do suficiente poder para controlar a súa propia economía. Hai que virar as tornas do debate. Pensar nas alternativas que permitan que a saída da crise non vai en contra o cidadán de a pé. Aínda que isto cabree (e moito) a xente como Alessio Rastani.

Duarte Romero Varelahttp://www.blogger.com/profile/05587166208200946027noreply@blogger.com3tag:blogger.com,1999:blog-8147778372104422828.post-27492961336828569832011-09-23T01:30:00.000+02:002011-09-23T01:33:44.852+02:00RTVE e a censura previa

Coma sempre que sae unha noticia
polémica, Twitter arde. E por que foi esta vez? Pois porque ao
Consello de Administración de RTVE lle pareceu unha boa idea que os
seus membros puidesen acceder ao sistema informático co que os
xornalistas preparan os telexornais. Isto que significa? Pois que os
representantes políticos e sindicais -que son os que conforman o
Consello- terían a posibilidade de saber de antemán a
xerarquización de novas na escaleta, o minutado, as fontes, os
videos...En definitiva todos eses aspectos que un xornalista manexa
para elaborar información televisiva. Non fai falla que vos diga o
problemático que pode ser que os representantes políticos coñezan
a tempo real o traballo que se está a facer na redacción. Non por
casualidade moita xente cualificou a proposta de “censura previa”.

A medida presentouna unha conselleira
proposta polo Partido Popular e contou co apoio de CiU. No outro
lado da barreira só se situaron os conselleiros de IU e de UGT, xa
que PSOE, CCOO e ERC optaron pola abstención. Rapidamente a nova
saltou ás redes sociais, onde moitos xornalistas de distinta cor
amosaron a súa indignación. E ao pouco os partidos recuaron.
Rubalcaba, González-Pons, Javier Arenas, Joan Tardá, Leire
Pajín...ían saíndo paseniño para dicir que as súas formacións
non estaban de acordo coa decisión dos conselleiros que eles
propuxeran. Diante da reacción profesional e popular decidiuse
rectificar e anular a medida nunha reunión de urxencia do Consello
de Administración.

Desta volta non colou, pero estívolle
cerca. Se non houbese esa presión por parte dos traballadores de
RTVE e doutros profesionais do entorno é probábel que o control
político dos informativos saíse adiante. É certo que a televisión
pública estatal mellorou moito nos últimos anos, sobre todo se
lembramos a nefasta época dos gobernos de Aznar, pero cando
acontecen cousas como esta comprobamos o doado que é desandar o
camiño percorrido. Por iso mesmo é necesario blindar os pasos dados
e reducir o control político dos medios públicos. Crear organismos
de dirección conformados por profesionais dun xeito plural,
participativo e democrático.

Duarte Romero Varelahttp://www.blogger.com/profile/05587166208200946027noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8147778372104422828.post-38143474362017010032011-09-20T19:15:00.001+02:002011-09-20T21:50:53.882+02:00El Twitter, Mariano!

Na entrada do outro día sobre as diferentes clases de políticos no Twitter xa anunciaba que lle ía dedicar un artigo en exclusiva á conta de Mariano Rajoy. A verdade, sorprendeume moitísimo que un político coma el decidise crear un perfil nesta rede. Se dalgún xeito podemos definir Twitter é como un fluxo de conversa moi dinámico no que a interacción entre usuarios é clave. Non sei a vós, pero a min chámame a atención que Rajoy queira aparecer nun sitio coma este no que -en teoría- debería estar obrigado a conversar e interactuar coa xente.

Sempre se lle criticou ao líder do PP que aló por onde pasaba facíao sen pena nin gloria, evitando a toma de decisións importantes. Agora a cousa non mudou demasiado. Segundo as enquisas é moi probábel que se converta en presidente do goberno sen ter feito nin unha soa proposta concreta mais alá de ideas xerais e tópicos manidos. Cando o profesor Antón Losada lanzou en Twitter a campaña #sinpreguntasnohaycobertura, Mariano Rajoy foi un dos principais obxectivos a bater. O político pontevedrés non respondía nin a tiros as cuestións dos xornalistas. Así puido evitar falar de temas difíciles como o Gürtel e a súa opinión sobre se Camps debía seguir ou non á fronte do PP valenciano.

Con estes antecedentes, cando lin a nova de que Rajoy ía ter Twitter escapóuseme un sorriso de incredulidade. Como ía facer para xestionar unha rede que require tanto movemento e relación coa comunidade? Rubalcaba, sen ser o meu político favorito, xestiona a súa conta en Twitter dunha forma moito máis interesante. Con propostas e mantendo bastante contacto cos outros usuarios. Pero Rajoy? Pois comezou dándome unha sopresa. Eu agardaba que fose unha destas contas con tropocentos mil seguidores pero que non segue a ninguén. Unha actitude propia da xente que entende a rede de microblogging como unha canle de comunicación unidireccional na que a conversa non é para nada importante. Pois non foi así, e xa desde o primeiro día comezou a seguir a algúns usuarios que, por un motivo ou por outro, ao seu equipo lles pareceron interesantes. Minipunto para Rajoy, pero xa non vai haber máis. Para contrarrestar as críticas que lle fan por non explicar nada do seu programa político, vai e di no seu primeiro tweet que está no AVE de camiño a Barcelona. Caralludo, aquí Mariano non defrauda e comeza o despiporre de chíos insulsos. Que si se atopou con Santiago Segura no avión, que si está en Andalucía probando aceite, que si a selección de baloncesto xogou ben...Nada concreto, nada práctico.

A interacción cos usuarios vai nesa liña. Durante os primeiros días dedicouse a ir explicando case un por un que cando detrás dun tweet van as iniciais MR é el persoalmente quen o sobe e que cando non é o seu equipo. Algo que non é ningunha novidade e que xa puidemos ver en contas de políticos como Obama ou Rubalcaba. O resto do tempo son agradecementos por algún comentario no que o louvan ou unha chea de frases moi bonitas pero que están totalmente baleiras de contido.

En definitiva, outra conta máis dun político que está en Twitter porque lle dixeron que tiña que estar, pero que non entende realmente de que vai o asunto. A presenza de dirixentes e organizacións nos medios sociais non ten que ser cousa dun proceso electoral nin tampouco para manter un papel ritual. Hai que entender as redes e crer nelas. Ser activo, interactuar e sobre todo escoitar. Pero se, coma Rajoy, non es capaz de facer isto nin na túa práctica diaria, por favor, non te fagas un Twitter.

Duarte Romero Varelahttp://www.blogger.com/profile/05587166208200946027noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-8147778372104422828.post-71001861708999354192011-09-19T00:04:00.001+02:002011-09-19T00:04:21.230+02:00Fálase no Reino. Semana 3Esta semana foi un chisco máis caótica do habitual así que non puiden seguir moito a actualidade do Reino. Por este motivo só traio dúas ligazóns cunha nota máis breve que noutras ocasións.

Conferencia do Partido Liberal-Demócrata guardian.co.uk

Estes días está a ter lugar a conferencia nacional dos liberal-demócratas, socio de goberno do Partido Conservador no Reino Unido. Este encontro ten lugar nun contexto moi adverso para eles, xa que hai tan só uns meses recibiron unha importante derrota nas eleccións municipais así como no referendo da lei electoral.

A policía metropolitana pídelle a The Guardian as fontes que usou no escándalo dos hackeos guardian.co.uk

Acóllense a unha norma empregada habitualmente para casos de espionaxe. Desde a dirección do medio din que van oporse á aplicación desta medida xa que o segredo profesional dos xornalistas está protexido por lei.

Duarte Romero Varelahttp://www.blogger.com/profile/05587166208200946027noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8147778372104422828.post-47122853783368832542011-09-17T01:48:00.002+02:002011-09-17T01:48:44.152+02:005 clases de políticos en Twitter

As redes sociais están a cambiar o xeito de comunicarnos e de transmitir información. Son plataformas áxiles, horizontais e cun enorme poder. E claro, os políticos queren estar aí. Sobre todo cando hai eleccións. Pero non é doado entrar nestes espazos xa que a falta de sinceridade e a propaganda son cuestións bastante penalizadas polos internautas. A clave está en conversar e ser activos. E nese sentido Twitter é a que máis esixe. Por ese motivo fixen unha pequena clasificación dos tipos de perfís que teñen os políticos españois nesta rede de microblogging.

1. O electoralista: aquel que aparece na precampaña xunto co seu equipo de comunicación, mantén unha actividade importante durante uns meses e logo non se volve saber nada del. Moitas veces xa deixan entrever o seu pouco compromiso de continuidade ao pór o ano das eleccións no nome da conta. O exemplo recente máis sonado é o de Tomás Gómez, que abandonou o seu perfil de Twitter en canto perdeu as autonómicas. Dáme a min no nariz que os principais candidatos á presidencia no 20-N van entrar nesta categoría moi pronto.

2. O amateur: é aquel político que mantén el mesmo os seus perfís nas redes sociais, pero que tampouco lle dá moita importancia. Non adoitan ter ningún tipo de asesoramento (porque se o teñen terían que repensar o seu papel). Contan con poucos seguidores e actualizan aínda menos. En xeral, este tipo de contas son bastante inútiles. Un bo exemplo de político cunha conta amateur sería Guillerme Vázquez.

3. O que pasa: abre conta, escribe un par de chíos e déixao. Destes hai a fartar a nivel local, pero o mellor exemplo é o de Leire Pajín, que fixo unha conta en Twitter, non publicou nada e sorprendentemente ten máis de 5000 seguidores. Será que os internautas valoran máis os seus silencios que as súas intervencións.

4. O crack: se es unha persoa da rúa e queres chegar a líder de opinión nas redes sociais tes que facer un traballo do copón para darte a coñecer e achegar calidade nos contidos que creas. Pola contra, see es un político que sae unha morea de veces nos medios tradicionais telo moito máis doado. Con actualizar con frecuencia a túa conta e manter un pouco de conversa coa comunidade xa ganas moitos seguidores e convérteste nun crack. Aínda que sexa por comparación cos demais. Nesta categoría habería que meter a Javier Solana, Esperanza Aguirre, Gaspar Llamazares ou Cristina Cifuentes, que teñen contas en Twitter razoabelmente boas.

5. O Alcalde de Jun: categoría unipersoal e que só pode ocupar o rexedor desta pequena localidade de Granada. Deuse a coñecer internacionalmente por querer converter a súa vila na mellor conectada e máis activa na rede de todo o estado. Habería que investigar se o conseguiu ou non, pero o que é comprobábel é que este home está todo o día enganchado ás redes sociais. Se no lugar onde goberna viven 3355 persoas, el ten 29291 seguidores, é dicir, case 9 veces a poboación de Jun. Incríbel.

PD: Se cadra sorpréndevos que non comente nada do recentemente lanzado Twitter de Rajoy, pero e que ten moita tela e merécese unha entrada para el só ;)

Duarte Romero Varelahttp://www.blogger.com/profile/05587166208200946027noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8147778372104422828.post-26293080413391061352011-09-16T22:41:00.003+02:002011-09-16T22:41:36.128+02:00Breve ausenciaPerdoade por non ter actualizado estes días pero estiven en Compostela asistindo ás xornadas de marketing político Politica2cero, que por certo, estiveron moi interesantes. Se queredes saber máis do que alí se falou podedes botarlle un ollo ao hashtag oficial en twitter #politica2cero.

A partir de hoxe retomo o ritmo habitual de entradas!

Duarte Romero Varelahttp://www.blogger.com/profile/05587166208200946027noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8147778372104422828.post-82981188571187363492011-09-13T23:41:00.001+02:002011-09-14T00:01:53.960+02:00Jenifer, a choni de CastefaInternet -ou máis ben a súa comunidade- pode ter bastante mala hostia á hora de xerar ídolos. Creou a Justin Bieber, case leva a John Cobra a Eurovisión e tróuxonos a peor canción da historia da man Rebecca Black. Mais de cando en cando regálanos algún tema que realmente paga a pena. É o caso de “Jenifer”, do grupo catalán Els Catarres. Descubrín o videoclip en Youtube hai cousa dun mes e xa me chamou moito a atención naquel momento. Conta a historia dun patriota catalán, votante de Convergencia, seareiro do Barça e admirador de Lluis Llach que namora dunha choni de Castefa (Castelldefels). A divertidísima letra está acompañada por un indie-pop facilón pero pegadizo e xa anda preto das 800.000 reproducións.

Pero por que escribo disto agora se xa a coñecía desde hai un mes? Pois porque hoxe vin unha nova en La Vanguardia que daba conta do enorme éxito que esta canción estaba a ter en Catalunya. Non só arrasa entre os internautas, que ven reflectidos a xeito de humor os tópicos do catalanismo, senón que tamén acada a esfera política. O outro día Jordi Pujol, nun contexto marcado sentenza dos tribunais en contra da inmersión lingüística, parafraseou ao grupo dicindo que o país precisaba integrar a todas as “Jenifers”.

Cousas como esta amósannos -unha vez máis- o tremendo poder de difusión que ten internet. Especialmente para comunidades lingüísticas que non sempre contan co apoio necesario para lanzar os seus produtos culturais, aínda que niso Catalunya está a anos luz de Galiza. Mais, como lembraron en Seioque, nós tamén temos a nosa canción de amores prohibidos. É o “Esta noite hei d´ir aló” dos Diplomáticos de Montealto. Non ten tanta sorna como o tema de Els Catarres, pero tamén paga a pena escoitala.

Duarte Romero Varelahttp://www.blogger.com/profile/05587166208200946027noreply@blogger.com3tag:blogger.com,1999:blog-8147778372104422828.post-18014924145910228812011-09-12T00:13:00.002+02:002011-09-12T02:17:25.236+02:00Fálase no Reino. Semana 2Aquí está a segunda entrega de "Fálase no Reino", con algunhas das novas que lin na prensa anglosaxona que me chamaron máis a atención. Non teñen que ser necesariamente as máis importantes, pero si que as que, por un ou outro motivo, me pareceron máis interesantes.

George Osborne: "A política económica non vai mudar" telegraph.co.uk

Fonte: guardian.co.uk

Non é ningunha novidade, pero foi un feito de relativa importancia esta semana no Reino Unido. Estas declaracións do ministro de facenda, George Osborne, tiveron lugar nun encontro coa directora do FMI, Christine Lagarde, no think tank Chatham House. Alí, a dirixente do organismo internacional parabenizou a políticas económica do goberno presidido por David Cameron e do que o ministro é un dos principais artífices.

O TUC está "preparado e listo" para ir á folga polas pensións guardian.co.uk

Brendan Barber da TUC

Fonte: guardian.co.uk

TUC correspóndese coas siglas Trade Union Congress, e é unha organización que une a unha parte moi importante dos sindicatos do Reino Unido. Esta semana varios dos seus dirixentes saíron na prensa para dicir que estaban preparados para saír a rúa a defender as pensións públicas, mesmo recorrendo a paros coordinados. Este anuncio chega despois de que o pasado 30 de xuño varios sindicatos do sector público convocasen unha xornada de folga que acadou bastantes éxitos.

Como nova relacionada, sinalar que neste momento está a haber un debate no Partido Laborista no que se formula restarlle peso aos sindicatos no seu congreso. Aínda que desde o noso punto de vista resulte sorprendente, no Reino Unido as organizacións de traballadores teñen voto directo nas conferencias laboristas.

1000 persoas acuden ao funeral de Mark Duggan independent.co.uk

Fonte: independent.co.uk

Mark Duggan foi o mozo de 29 anos asasinado pola policía o pasado 4 de agosto. Foi a raíz desta morte que en Londres comezaron os disturbios que conmocionaron a sociedade inglesa e puxeron en alerta a outros países do entorno. Pois ben, non foi até este venres que tivo lugar o enterro. A comitiva fúnebre estivo acompañada por máis de 1000 persoas para amosar o apoio e a unión da súa comunidade. Segundo varios medios ingleses na ceremonia houbo varias peticións de xustiza para reparar o asasinato do mozo.

Duarte Romero Varelahttp://www.blogger.com/profile/05587166208200946027noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8147778372104422828.post-86265553452888105032011-09-09T20:32:00.000+02:002011-09-09T20:33:01.879+02:00A esquerda e o seu amor polos substantivos

Eu son materialista. Polo tanto non creo nas ideas, nos pensamentos ou nos conceptos separados da materia. Un non razoa por ter alma, senón por ter cerebro. Como intento ser o máis coherente posíbel co meu credo filosófico, non só o aplico a cuestións metafísicas senón tamén a asuntos concretos da sociedade na que vivo. Cando critico as cousas que non me gustan e reclamo cambios, fágoo para conseguir algún tipo de mudanza material con implicación na realidade que podo ver. Eu cría que este era un principio compartido tradicionalmente pola esquerda. Pero nos últimos tempos véñome a dar conta de que o que máis gusta é discutir sobre termos, ideas e conceptos que teñen pouca ou ningunha influencia na vida material das persoas. Pódenselle dedicar horas a debater se o termo “esquerda socialista” é máis acaido que “esquerda transformadora” e tan só un minutos á concreción programática que acompaña a definición ideolóxica.

Esta predilección polo que non deixan de ser debates léxicos ten, tristemente, implicacións moi reais na práctica política das organizacións. Sacralízanse unha serie de termos e expresións que forman parte da fraseoloxía considerada “de esquerdas”, aínda que despois non vaian servir para acadar ningún obxectivo concreto. Non se é máis transformador por utilizar moitas veces a palabra socialismo, nin tampouco se é máis soberanista por repetir até a saciedade o termo “autodeterminación”. O que define a coherencia e a utilidade dunha determinada práctica política é o avance na consecución de obxectivos programáticos, independentemente da terminoloxía que se empregue. Pola contra, ficar nese ideoloxismo baleiro de definición manualesca e vocabulario “da boa ortodoxia”, non deixan de recordarme ao idealismo filosófico. É dicir, a primar o intanxíbel fronte as cuestións concretas e reais.

Nun contexto no que a esquerda política vai de derrota en derrota e no que ao mesmo tempo se están a producir enormes retrocesos sociais, tórnase imprescindíbel facer certas mudanzas de calado. Abandonar o amor pola guerra de substantivos e construír un programa que guíe a acción diaria e que sirva para marcar a axenda política. A dereita puxo aos movementos progresistas nunha posición exclusivamente resistencialista diante das súas políticas, anulando toda capacidade de tomar a iniciativa. Non temos máis que ollar cara o debate en torno ao límite do déficit. Nos tres anos que levamos de crise só o neoliberalismo foi quen de pór enriba da mesa as súas alternativas. Do outro lado non se puido, por poñer un exemplo, situar a reforma fiscal no eixo do debate político.

Calquera oportunidade de reconstrución da esquerda pasa necesariamente por que sexa capaz de propor alternativas reais que inflúan na vida material da cidadanía. A ideoloxía non é un fin en si mesmo, senón que é o prisma que permite ollar e analizar a realidade para despois facer propostas para o cambio. Como dicía o vicepresdiente de Bolivia, Álvaro García Linera, “cando un fala de socialismo está a falar de algo que sexa distinto ao que estamos a vivir. Podemos colocarlle outro nome. Se a alguén non lle gusta a palabra socialismo que lle coloque comunitarismo, se non lle gusta comunitarismo, que lle coloque o nome de bo vivir, non hai ningún problema, non nos imos pelexar polos nomes”.

Se a esquerda non é quen de asumir isto, no canto de ter organizacións transformadoras o máximo ao que pode aspirar é a ter un cacao mental de tamaño descomunal.

Duarte Romero Varelahttp://www.blogger.com/profile/05587166208200946027noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-8147778372104422828.post-39572384274520317692011-09-08T10:34:00.000+02:002011-09-08T10:35:24.169+02:00Counterparties, outra volta na agregación de contidos

A agregación de contidos é unha práctica cada vez máis común nos medios sociais. En casos como Digg, Menéame ou Chuza son os propios usuarios os que soben e puntúan ligazóns. No Huffington Post combínase a elaboración propia coa agregada.

Hei de recoñecer que este modelo nunca me convenceu demasiado e que sempre fun directamente á información propia sen pasar por filtros. Malia todo, grazas á bitácora Periodistas21 descubrín un novo sitio web que pode facerme mudar de parecer . Chámase Counterparties e lanzouno o blogueiro económico Felix Salmon para a axencia Reuters. Só ofrecen información relacionada co mundo dos negocios, pero o que me chamou a atención non foi iso, senón o xeito que ten de seleccionar que novas ou que artigos aparecerán no web. Faise a partir das contas de Twitter e dos feeds RSS que segue o seu editor. Deste xeito agréganse os contidos en función dos criterios profesionais dun experto, aumento o interese destes. Para recoller as ligazóns que aos internautas lles parecen interesantes, Counterparties emprega unha plataforma chamada Percolate! que se basea tamén no seguimento de fluxos RSS e de Twitter.

A esta figura de intermediarios chámaselles curators e, tal e como os definiu Juan Varela, son editores sociais. Este tipo de profesionais poden servir para pórlle un pouco de couto a todo o ruído que se xera pola saturación de información na rede. Asemade, esta práctica de filtrar información serve para darlles valor engadido ás informacións orixinais se a persoa que as agrega ten unha certa reputación nese campo. Imaxinade algo así feito por Ignacio Escolar, Manuel Gago ou Antón Losada.

Malia todo, coido que cómpre seguirmos valorando preferentemente a información propia. Como se ten repetido innumerábeis veces, os principios básicos do xornalismo de rigor e calidade seguen plenamente vixente en internet. O reto está en empregar as novas linguaxes para contar mellor as mesmas historias. Non converter o medio nun fin en si mesmo. Empregar a agregación pode ser útil e interesante en moitas ocasións, sobre todo cando se xera algún tipo de valor engadido, pero non podemos permitir que remate por primar sobre a creación de contido propio.

Duarte Romero Varelahttp://www.blogger.com/profile/05587166208200946027noreply@blogger.com0