Hoxe a rede andaba tola cunha entrevista que lle facían na BBC a un broker da City de Londres chamado Alessio Rastani. Respondeu cunha crudeza e unha sinceridade tales que os propios presentadores non daban crédito ao que estaba dicindo. De feito, a canle pública británica tivo que investigar si se trataba dun bromista ou dun axente de bolsa real. Nos catro minutos escasos que dura o video veunos a dicir que pouco importan os plans de rescate dos gobernos, que quen manda é Goldman Sach ...
27 de set. de 2011
23 de set. de 2011
RTVE e a censura previa

Coma sempre que sae unha noticia polémica, Twitter arde. E por que foi esta vez? Pois porque ao Consello de Administración de RTVE lle pareceu unha boa idea que os seus membros puidesen acceder ao sistema informático co que os xornalistas preparan os telexornais. Isto que significa? Pois que os representantes políticos e sindicais -que son os que conforman o Consello- terían a posibilidade ...
20 de set. de 2011
El Twitter, Mariano!

Na entrada do outro día sobre as diferentes clases de políticos no Twitter xa anunciaba que lle ía dedicar un artigo en exclusiva á conta de Mariano Rajoy. A verdade, sorprendeume moitísimo que un político coma el decidise crear un perfil nesta rede. Se dalgún xeito podemos definir Twitter é como un fluxo de conversa moi dinámico no que a interacción entre usuarios é clave. Non sei a vós, ...
19 de set. de 2011
Fálase no Reino. Semana 3

Esta semana foi un chisco máis caótica do habitual así que non puiden seguir moito a actualidade do Reino. Por este motivo só traio dúas ligazóns cunha nota máis breve que noutras ocasións. Conferencia do Partido Liberal-Demócrata guardian.co.uk Estes días está a ter lugar a conferencia nacional dos liberal-demócratas, socio de goberno do Partido Conservador no Reino Unido. Este encontro ...
17 de set. de 2011
5 clases de políticos en Twitter

As redes sociais están a cambiar o xeito de comunicarnos e de transmitir información. Son plataformas áxiles, horizontais e cun enorme poder. E claro, os políticos queren estar aí. Sobre todo cando hai eleccións. Pero non é doado entrar nestes espazos xa que a falta de sinceridade e a propaganda son cuestións bastante penalizadas polos internautas. A clave está en conversar e ser ...
16 de set. de 2011
Breve ausencia

Perdoade por non ter actualizado estes días pero estiven en Compostela asistindo ás xornadas de marketing político Politica2cero, que por certo, estiveron moi interesantes. Se queredes saber máis do que alí se falou podedes botarlle un ollo ao hashtag oficial en twitter #politica2cero. A partir de hoxe retomo o ritmo habitual de entradas! ...
13 de set. de 2011
Jenifer, a choni de Castefa

Internet -ou máis ben a súa comunidade- pode ter bastante mala hostia á hora de xerar ídolos. Creou a Justin Bieber, case leva a John Cobra a Eurovisión e tróuxonos a peor canción da historia da man Rebecca Black. Mais de cando en cando regálanos algún tema que realmente paga a pena. É o caso de “Jenifer”, do grupo catalán Els Catarres. Descubrín o videoclip en Youtube hai cousa dun mes ...
12 de set. de 2011
Fálase no Reino. Semana 2

Aquí está a segunda entrega de "Fálase no Reino", con algunhas das novas que lin na prensa anglosaxona que me chamaron máis a atención. Non teñen que ser necesariamente as máis importantes, pero si que as que, por un ou outro motivo, me pareceron máis interesantes. George Osborne: "A política económica non vai mudar" telegraph.co.uk Fonte: guardian.co.uk Non é ningunha novidade, pero ...
9 de set. de 2011
A esquerda e o seu amor polos substantivos

Eu son materialista. Polo tanto non creo nas ideas, nos pensamentos ou nos conceptos separados da materia. Un non razoa por ter alma, senón por ter cerebro. Como intento ser o máis coherente posíbel co meu credo filosófico, non só o aplico a cuestións metafísicas senón tamén a asuntos concretos da sociedade na que vivo. Cando critico as cousas que non me gustan e reclamo cambios, ...
8 de set. de 2011
Counterparties, outra volta na agregación de contidos

A agregación de contidos é unha práctica cada vez máis común nos medios sociais. En casos como Digg, Menéame ou Chuza son os propios usuarios os que soben e puntúan ligazóns. No Huffington Post combínase a elaboración propia coa agregada. Hei de recoñecer que este modelo nunca me convenceu demasiado e que sempre fun directamente á información propia sen pasar por filtros. ...
7 de set. de 2011
Requiem por Don Manuel

Fonte: @bluecatgossip En 2008 o portal de finanzas Bloomerg publicou por accidente un obituario de 17 páxinas sobre Steve Jobs. Aínda sigue vivo. En 1993 a Raíña Nai de Inglaterra foi dada por morta nalgúns medios australianos. Non falecería até 2002. En 2004, a ABC News escapóuselle unha necrolóxica de Sharon Osbourne, a muller de Ozzy Osbourne. De momento tamén sigue viva. Non ...
6 de set. de 2011
Terceiro aniversario de Google Chrome

Google Chrome acaba de cumprir tres anos e para celebralo algúns membros do seu equipo fixeron este infográfico interactivo coa evolución da rede. Un xeito moi interesante de presentar a aparición das distintas tecnoloxías e navegadores ...
4 de set. de 2011
Fálase no Reino. Semana 1

Novidade! Cada semana intentarei compartir con vosco algunhas ligazóns de interese que vaia atopando en páxinas e blogs anglosaxóns. Acompañareinas dun breve comentario e a temática será moi variada, pero contade con bastantes cousas relacionadas coa actualidade do Reino Unido. Despois de vivir alí un ano aínda teño moito interese nas súas cuestión domésticas! A policía aborta a marcha ...
2 de set. de 2011
O neoliberalismo á constitución

Rubalcaba non quere cargar coa herdanza dos gobernos de Zapatero. O presidente está en horas baixas e cómpre diferenciarse se se aspira a maquillar a previsíbel derrota electoral. Por iso está a facer unha precampaña con guiños á esquerda e ao movemento 15-M. Ao pouco de ser elixido candidato, anunciou que ía introducir no programa algunhas propostas para favorecer a participación. “Escaño ...
1 de set. de 2011
De cando Steve Jobs cambiou o xornalismo

Poucas veces a renuncia dun conselleiro delegado ten dado tanto de que falar. Pero e que o de Steve Jobs non é un caso ao uso. Lonxe de caer na mitomanía, dificilmente podemos entender algúns cambios no consumo de produtos culturais sen as innovacións de Apple. En 2001 o iPod revolucionou o mercado da música. Non por fabricar un reprodutor portátil (iso xa existía), nin tampouco por ...
Comezamos

Benvidos! Se estades lendo isto é que déchedes por casualidade ou que estabades interesados en ver que raio era isto do novo blog de Duarte. Pois ben, despois de que que a miña antiga bitácora, Revolta Rockeira, estivera uns seis anos na rede pero sen actualizacións constantes, chega o momento na vida dun xornalista no que ten que abrir un blog serio. E cando digo serio refírome sobre ...