Hai un par de semanas Apple lanzou o iOS 5, unha versión actualizada do sistema operativo que empregan iPad, iPhone e iPod Touch. Unha das novidades que inclúe chámase Newsstand (Quiosco) e, como o seu propio nome indica, serve para ler prensa e revistas. O funcionamento é sinxelo. A través da App Store descargas publicacións que logo quedan arquivadas como se fose un andel. Se queres acceder a un determinado número teríalo que baixar e, de ser o caso, pagar por el.

Porén, estes defectos non impediron que na primeira semana se acadasen preto de 150.00 descargas. De momento, e grazas a un patrocinio de Channel 4, é de balde, pero a partir de xaneiro custará 9.99 libras ao mes. Son boas perspectivas económicas para The Guardian. Tal e como sinalan no web paidcontent.org, se extrapolamos os 17% de usuarios de pago que ten a app para iPhone, o medio ingresaría uns 3 millóns de libras a través de subscricións ao iPad. E isto partindo da base dos usuarios da primeira semana, polo que é de agardar que se unan máis.
É que o Quiosco de Apple foi unha moi boa nova para os xornais e revistas. No mercado das tabletas hai moito potencial, e isto xa se amosou na súa primeira semana de funcionamento. As principais distribuidoras de publicacións para iPad rexistraron un incremento de descargas do 750%, o que tamén se reflectiu nun aumento significativo das vendas.
Non sei que vos parece a vós, pero semella que o modelo negocio en internet vaise orientando cada vez máis cara o pago por contidos. Temos o modelo freemium do New York Times, que xa conta cuns 324.000 suscriptores, de pago total como o The Times británico, que conta cuns 110.000 ou o de web de balde combinado con pagamento noutros dispositivos, como fai The Guardian. Na prensa española a tendencia é a de manter o acceso á páxina totalmente de balde pero ir introducindo quioscos virtuais multiplataforma que xa son de pago. Aquí temos Orbyt, de Unidad Editorial, que xa vai acadando un éxito modesto e Kiosko y Más, dunha multitude de periódicos e revistas.
Non hai receitas máxicas, pero semella que pouco a pouco se van consolidando certas propostas para facer sustentábel o xornalismo en internet. Credes que funcionarán?
0 comentários:
Postar um comentário